VOLVE VERBAS EN GRAFITTI! Imos recuperar as nosas habilidades co spray. A pregunta desta semana está relacionada co Día Internacional dos Dereitos da Infancia , que será o vindeiro 20 de Novembro. Os dereitos da infancia resumidos son: 1. Á igualdade, 2. Á identidade, 3. Á familia, 4. Á educación, 5. Ao xogo, 6. Á saúde, 7. Á expresión, 8. Á privacidade, 9. Á protección e 10 Á integración. A PREGUNTA É: Ocórreseche algún dereito máis que non estea incluido aquí? Podes reivindicar por aquí calquer dereito que se che ocorra. TEDES ATA O MÉRCORES 20 PARA DEPOSITAR AS VOSAS RESPOSTAS! E POR SUPOSTO, DEBERÁ SER EN GALEGO!