Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2020

E..... Chegou o Nadal!!!

 E chegou o Nadal, un Nadal diferente, un Nadal distinto, pero un Nadal especial. Dende o EDLG e o equipo de Biblioteca do CEP Altamira, convocouse un concurso de postais de Nadal, que tivo unha importante participación por parte do alumnado. Moitas grazas a todos pola vosa participación. Estas foron as postais gañadoras...       E...estas as súas autoras E así lucía a entrada do noso cole con todas

28 aniversario dos "Mártires de Sobredo"

 28º  Aniversario dos Mártires de Sobredo. Este ano e ante a situación de alerta sanitaria polo COVID, o CEP Altamira non puido asistir á tradicional concentración, así como a ofrenda floral que se leva realizando ao longo dos anos, pero o que si fixemos foi continuar coa exposición de paneis e as ponencias a cargo do mestre e membro do Instituto Agrarios Mártires de Sobredo, D. Paco González, ao que agradecemos enormemente a súa colaboración.

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

  O pasado 25 de novembro, celebramos no noso centro o  Día Internacional contra a Violencia de Xénero , unha xornada dedicada a facernos reflexionar sobre os distintos tipos de violencia que sofren miles de persoas en todo o mundo.  Este ano e grazas á colaboración do voluntariado da biblioteca creouse esta fantástica montaxe!!!.