Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

E chegou de novo o Samaín!!!!

  E chegou...... o Samaín o CEP Altmaira!!!!      Os alumnos do CEP Altamira realizamos diferentes actividades para celebrar esta festividade ancestral do Samaín.  O luns fixemos un intercambio de entradas, que foron decoradas polo alumnado, para poder disfrutar dunha sesión de cine con palomiñas e cine en galego, na semana do terror do CEP Altamira. Esta actividade levouse a cabo ao longo de toda a semana. O venres viñeron disfrazados para celebrar o Samaín,  ademáis de facer algunha que outra manualidade horripilante e finalmente degustaron unhas merendolas terroríficas que estaban boísimas!!!!! Aquí vos dixamos unha pequena mostra:                                                                                                                                                                                                                 

Resolución do V Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

 Temos unha boa nova!!!! Logo da correspondente deliberación do xurado do  5º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués acordaron outorgar os seguintes premios aos nosos alumnos : O segundo premio a Hanna Framiñán pola fotografía "Mulleres no lavadoiro do edificio da praza da abastos de Ourense" Un  accesit  a Elisa Almeida Mouteira pola fotografía "A Torre Eiffel e a emigración" Parabéns aos premiados!!!!

Volve o Guasgalegando !!!

 A proposta para este mes outubro e co gallo do día da infancia, a nosa proposta é a seguinte:

Palabras ao vento

  Os alumnos de 4º nivel gozaron cun obradoiro titulado "Palabras ao vento", onde o alumnado realizou un papaventos ao que lle engadimos aquelas palabras galegas que máis nos gustan do noso idioma e fixéronnas voar.  Aquí vos deixamos todo o que fixemos