Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

Día das Letras Galegas

Achégase o 17 de Maio, Día das Letras Galegas! Coma tódolos anos, aínda que sexa dende a casa, queremos celebralo con todos vós e animarvos a que empreguedes a nosa fermosa lingua. Imos facer entre todos unha bonita nube de palabras, que exporemos no colexio cando volvamos. Cubre o formulario que tes debaixo, escribe unha soa resposta! Por suposto: EN GALEGO! Cargando… O autor homenaxeado este ano é Ricardo Carvalho Calero.  Para cuarto, quinto e sexto  propoñémosvos que pasedes esta scaperoom. Afinade os vosos instintos e resolvede o código segredo. C onsello: Ide anotando os números que descubrades. Preme na imaxe para acceder á scaperoom: https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020 Para primeiro, segundo e terceiro tamén temos outra scaperoom sobre o autor! Preme na imaxe para acceder: https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20 Se aínda quedas con ganas de saber