Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2018

Calendario Decembro

Aquí podedes ver o calendario do mes de Decembro. Leva unha carta que escriben os Reis Magos aos nenxs do Altamira. Podedes descargalo no seguinte enlace: Calendario Decembro CARTA DOS REIS MAGOS: Queridas nenas e nenos: Levamos moitos días de viaxe camiñando sobre o lombo do mundo. As nosas barbas e os nosos camelos pisaron terras de todos os tamaños e cores ata chegar onda vós. Traemos os sacos cargados con toneladas de bolboretas, vagalumes e fogos de artificio, porque queremos pintar esta noite de luz. Existen cousas que tan só os máis cativos podedes comprender. Vós coñecedes os segredos mellor gardados durante milenios. Sabedes que a lúa é a boca do ceo, e que cando mingua pendurada alá, no máis alto, é para vestir o universo de sorrisos. Sabedes tamén que os motores dos coches fan tanto ruído para espantar as xoaniñas e non esmagalas coas rodas; que as estrelas son as luces da noite e visten a escuridade de festa; que os tellados son os tobogáns das gotas de ch

ALTAMIRA HOMENAXEA A SOBREDO 18

Dereitos dxs nenxs

Os gañadores por sorteo de Verbas en Graffiti, na semana dos dereitos da infancia foron Diego, Alma, Lara e Miguel. Noraboa.

Refráns do magosto

Aqui temos aos gañadores dos refráns referentes ao outono e ao magosto. Noraboa Belén e Gael! Untitled from cep altamira on Vimeo .

Verbas en graffiti

Coñecedes o noso novo concurso para este ano? O galego vai a estar a orde do día con esta actividade na que os participantes vanse a convertir en verdadeiros artistas de graffiti. Mantédevos ao tanto se queredes seguir o traballo dos nosos artistas.