Saltar ao contido principal

Teatro " A Merla Branca "

O Cep Altamira despide o curso 18/19 con viaxes, festas de aula e a xornada de xogos de auga como ven sendo costume. Pero este ano o alumnado foi sorprendido cunha experiencia inesperada: un grupo de 18 mestr@s representou en dous turnos a obra de teatro "A MERLA BRANCA", orixinal do dramaturgo Cándido Pazó, unha homenaxe á tolerancia e contra a discriminación. Mais dunha hora co público entregado ás emocións da escena e á sorpresa de ver aos seus mestr@s convertidos en actrices e actores. Altamira, unha vez máis,: escola de vivencias e emocións. Aí vai o vídeo.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

BENVIDOS A UN NOVO CURSO EN GALEGO!!!

  Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega dámosvos a benvida a este novo curso  escolar, 2025/2026, cheos de enerxía para fomentar o uso da nosa fermosa Lingua!! Cabe destacar, que neste 2026 o Día das Letras Galegas estará adicado á viguesa Begoña  Caamaño e, polo tanto, dende este Equipo traballaremos sobre dita homenaxeada  para pór en valor o seu legado como  periodista e  escritora en galego. Ademais, teremos concursos xa coñecidos por todos e todas vós e  tamén  iremos  incorporando  novas ideas que agardamos que vos gusten e vos animen a participar!!