Saltar ao contido principal

O noso herbario


   No CEP Altamira fixemos un herbario coas plantas típicas do outono. Os alumn@s trouxeron da casa a súa planta e fixemos unha exposición onde podían admirar os traballos de todos os alumn@s. 
   Moitas grazas a todos os alumn@s que participaron, as familias deses alumn@s que axudaron, as diferentes comisións do CEP Altamira pola súa colaboración: Comisión de Actividades Complementarias e Extraescolares, Comisión de Dinamización Lingüística, Comisión de Biblioteca e Comisión de TIC. 
   Neste traballo, os alumnos recolleron a planta, secárona, e escribiron os usos ou datos curiosos de dita planta. Todo coa axuda dos seus familiares, amigos ou veciños.
                           Moitas grazas a tod@s!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MÁRTIRES DE SOBREDO!

Un ano máis, o alumnado do sexto nivel, o pasado venres 28 de novembro, co fin de coñecer e afondar sobre a historia da nosa contorna máis próxima, asistiron a unha charla impartida polo historiador e membro da Asociación de Estudos Agrarios "Mártires de Sobredo", Don Xosé Manuel Suárez Estévez e mais por Anxo López Méndez, membro da Xunta de Goberno do IEAMSO. Ademais estivo a disposición de toda a comunidade educativa unha exposición de paneis sobre Mártires de Sobredo na entrada do centro educativo.

Aquí temos as coplas de Entroido!!!!

 Xa temos as Coplas creadas polos alumnos de 5º e 6º nivel do noso centro. As gañadoras ademais realizaron un podcast e leeranas o día do desfile á entrada ao colexio.  Moitas gracias a todos os que participástedes!   E aquí podedes escoitar un podcast sobre o as coplas do Entroido no noso concello e como non as coplas gañadoras!! https://go.ivoox.com/rf/124311850