Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

I Centenario da primeira publicación da revista Nós

 Hoxe, 30 de outubro de 2020, celébrase o I centenario da publicación da revista Nós . Foi unha revista monolingüe sobre a cultura galega e que trataba dous ámbitos importantes como eran o descubrimento da identidade galega  e a presentación de novas ideas. Esta revista foi impulsada por autores daquela época tan valorados como Vicente Risco, Ramón Cabanillas, Otero Pedrallo, Fermín Bouza Brey, Ánxel Fole ou Castelao.  Queredes coñecer a súa historia? Ollade a seguinte reportaxe:

E ...Chegou o Samaín

 Ola a todos!!! Xa estamos aquí de novo ao tempo que o Samaín, por iso, dende o Equipo de Dinamización da Lingua queremos propor uns recursos para que pasedes un día terrorífico pero fantástico. Atréveste? Aí vai un par de contos para este terrorífico día: " Fiz, o coleccionista de medos" de OQO, pero non teñas medo!!! A aventura de Nera E para rematar..... unha canción de Paco Nogueiras " O Samaín" A gozar do Samaín!!!!