Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

En xaneiro, Guasgalegamos

  Esta é a nosa proposta!!!!!

GUASGALEGANDO

  Neste mes o equipo de Dinamización da Lingua Galega, pon en marcha o espazo Guasgalegando . Unha nova canle de comunicación a disposición do alumnado   a través do número 641.091.411 para enviar   por   Whatsapp as respostas das propostas. É unha actividade mensual dirixida a todo o alumnado. Dende o EDLG proponse un tema ou faise unha pregunta nunha mensaxe por Abalar. O alumno enviará a súas respostas a través de Whatsapp dos pais ou titores legais. O derradeiro día do mes, O EDLG resolverá o concurso e o   gañador/a pintará a súa resposta no recreo  a modo de grafiti, nun taboleiro que  estará exposto ata o mes seguinte. Animádeos a participar!!!!