Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2022

Xa temos gañadores do Guasgalegando

 Xa teños os nosos gañadores para a proposta de xogos populares. Os gañadores nesta ocasión son: Laura  Rodríguez Vila de 6º C co xogo do Aro Nadia Martínez Rodríguez de 2º B coa Zoadeira Noa Domínguez Lemos de 3º D coas Táboas Martín Fernández Caballero de 1º A co xogo dos Carozos NORABOA AOS GAÑADORES!!!!

Conmemoración do 25 N no CEP Altamira

Co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero,   o CEP Altamira e en colaboración Co Concello de Salceda de Caselas, convocaron un concurso para promover a loita contra a  violencia de xénero. Neste concurso participou de xeito voluntario, o alumnado que consistía na creación plástica e visual cun lema relacionado con este día. Un xurado formado por parte do equipo docente xunto coa concelleira de igualdade do Concello de Salceda de Caselas, foron os encargados de escoller entre todos os traballos seleccionados o gañador. A creación do gañador forma parte do cartel que o concello elaborou para a conmemoración do  N, así como un agasallo otourgado polo CEP Altamira.

I Centenario dos Mártires de Sobredo

O pasado venres 29 de novembro e co gallo do I Centenario da homenaxe aos Mártires de Sobredo, os alumnos do 6º nivel do CEP Altamira contaron cun relatorio impartido polo historiador e membro da Asociación de Estudos Agrarios "Mártires de Sobredo". Os alumnos e docentes tamén tiveron información sobre ditos feitos históricos nunha exposicións de carteis. Aquí vos deixamos unha mostra.