Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

O noso herbario

   No CEP Altamira fixemos un herbario coas plantas típicas do outono. Os alumn@s trouxeron da casa a súa planta e fixemos unha exposición onde podían admirar os traballos de todos os alumn@s.     Moitas grazas a todos os alumn@s que participaron, as familias deses alumn@s que axudaron, as diferentes comisións do CEP Altamira pola súa colaboración: Comisión de Actividades Complementarias e Extraescolares, Comisión de Dinamización Lingüística, Comisión de Biblioteca e Comisión de TIC.     Neste traballo, os alumnos recolleron a planta, secárona, e escribiron os usos ou datos curiosos de dita planta. Todo coa axuda dos seus familiares, amigos ou veciños.                            Moitas grazas a tod@s!

Volve Verbas en Grafitti!

VOLVE VERBAS EN GRAFITTI!  Imos recuperar as nosas habilidades co spray. A pregunta desta semana está relacionada co Día Internacional dos Dereitos da Infancia , que será o vindeiro 20 de Novembro. Os dereitos da infancia resumidos son:   1. Á igualdade, 2. Á identidade, 3. Á familia, 4. Á educación, 5. Ao xogo, 6. Á saúde, 7. Á expresión, 8. Á privacidade, 9. Á protección e 10 Á integración. A PREGUNTA É: Ocórreseche algún dereito máis que non estea incluido aquí?   Podes reivindicar por aquí calquer dereito que se che ocorra.  TEDES ATA O MÉRCORES 20 PARA DEPOSITAR AS VOSAS RESPOSTAS! E POR SUPOSTO, DEBERÁ SER EN GALEGO!