Saltar ao contido principal

Volve Verbas en Grafitti!



VOLVE VERBAS EN GRAFITTI! 
Imos recuperar as nosas habilidades co spray.

A pregunta desta semana está relacionada co Día Internacional dos Dereitos da Infancia, que será o vindeiro 20 de Novembro.

Os dereitos da infancia resumidos son: 
1. Á igualdade, 2. Á identidade, 3. Á familia, 4. Á educación,
5. Ao xogo, 6. Á saúde, 7. Á expresión, 8. Á privacidade, 9. Á protección e 10 Á integración.

A PREGUNTA É: Ocórreseche algún dereito máis que non estea incluido aquí? 
Podes reivindicar por aquí calquer dereito que se che ocorra. 
TEDES ATA O MÉRCORES 20 PARA DEPOSITAR AS VOSAS RESPOSTAS!
E POR SUPOSTO, DEBERÁ SER EN GALEGO!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

BENVIDOS A UN NOVO CURSO EN GALEGO!!!

  Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega dámosvos a benvida a este novo curso  escolar, 2025/2026, cheos de enerxía para fomentar o uso da nosa fermosa Lingua!! Cabe destacar, que neste 2026 o Día das Letras Galegas estará adicado á viguesa Begoña  Caamaño e, polo tanto, dende este Equipo traballaremos sobre dita homenaxeada  para pór en valor o seu legado como  periodista e  escritora en galego. Ademais, teremos concursos xa coñecidos por todos e todas vós e  tamén  iremos  incorporando  novas ideas que agardamos que vos gusten e vos animen a participar!!