Saltar ao contido principal

Publicacións

Xa temos os gañadores do III Concurso e por que non ....en Galego!!!!!

Xa están aquí os gañadores. Nesta ocasión, debido a alta participación no concurso e a calidade dos traballos, tivemos que premiar outras seis que quedaron finalistas do concurso. Aquí están os gañadores!!!  PARABÉNS!!!!  

O Altamira no Día Mundial Da Radio!!

O alumnado do CEP Altamira, concretamente os alumnos partícipes do obradorio de radio, co gallo do Día Mundial da Radio, participou na proposta da Asociación Pedagóxica Ponte....nas ondas!!! onde promoveron a participación da xuventude nesta canle de emisión. Aquí vos deixamos unha mostra 

Xa temos gañadores do Guasgalegando

 Xa teños os nosos gañadores para a proposta de xogos populares. Os gañadores nesta ocasión son: Laura  Rodríguez Vila de 6º C co xogo do Aro Nadia Martínez Rodríguez de 2º B coa Zoadeira Noa Domínguez Lemos de 3º D coas Táboas Martín Fernández Caballero de 1º A co xogo dos Carozos NORABOA AOS GAÑADORES!!!!

Conmemoración do 25 N no CEP Altamira

Co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero,   o CEP Altamira e en colaboración Co Concello de Salceda de Caselas, convocaron un concurso para promover a loita contra a  violencia de xénero. Neste concurso participou de xeito voluntario, o alumnado que consistía na creación plástica e visual cun lema relacionado con este día. Un xurado formado por parte do equipo docente xunto coa concelleira de igualdade do Concello de Salceda de Caselas, foron os encargados de escoller entre todos os traballos seleccionados o gañador. A creación do gañador forma parte do cartel que o concello elaborou para a conmemoración do  N, así como un agasallo otourgado polo CEP Altamira.