Este novo curso comezámolo, como non, e coma todos os anos, cheo de ilusión en galego! Continuaremos cos nosos concursos: os de guasgalegando , e por que non....en galego?, con novas creacións plásticas, coñecendo cultura da nosa contorna, participando con Asociacións da localidade, sendo protagonistas indiscutibles de actividades como o magosto, o samaín, o Nada, .... e estaremos, como non, presentes en todas as actividades complementarias realizadas no centro. Animámosvos a participara naquelas iniciativas que vos propoñamos ao longo dos próximos meses e desexamos que todas elas sexan ocasións para fortalecer e profundizar na nosa cultura. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega desexamos poder continuar facendo este camiño xuntos. Moitas grazas de antemán!!!
Comentarios
Publicar un comentario