Saltar ao contido principal

Conmemoración do 25 N no CEP Altamira



Co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero,  o CEP Altamira e en colaboración Co Concello de Salceda de Caselas, convocaron un concurso para promover a loita contra a  violencia de xénero.

Neste concurso participou de xeito voluntario, o alumnado que consistía na creación plástica e visual cun lema relacionado con este día.

Un xurado formado por parte do equipo docente xunto coa concelleira de igualdade do Concello de Salceda de Caselas, foron os encargados de escoller entre todos os traballos seleccionados o gañador. A creación do gañador forma parte do cartel que o concello elaborou para a conmemoración do  N, así como un agasallo otourgado polo CEP Altamira.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

MÁRTIRES DE SOBREDO!

Un ano máis, o alumnado do sexto nivel, o pasado venres 28 de novembro, co fin de coñecer e afondar sobre a historia da nosa contorna máis próxima, asistiron a unha charla impartida polo historiador e membro da Asociación de Estudos Agrarios "Mártires de Sobredo", Don Xosé Manuel Suárez Estévez e mais por Anxo López Méndez, membro da Xunta de Goberno do IEAMSO. Ademais estivo a disposición de toda a comunidade educativa unha exposición de paneis sobre Mártires de Sobredo na entrada do centro educativo.

Aquí temos as coplas de Entroido!!!!

 Xa temos as Coplas creadas polos alumnos de 5º e 6º nivel do noso centro. As gañadoras ademais realizaron un podcast e leeranas o día do desfile á entrada ao colexio.  Moitas gracias a todos os que participástedes!   E aquí podedes escoitar un podcast sobre o as coplas do Entroido no noso concello e como non as coplas gañadoras!! https://go.ivoox.com/rf/124311850