Saltar ao contido principal

Publicacións

Un magosto moi especial

  O pasado venres  e despois de estar agardando por este día dous anos, o alumnado de CEP Altamira participou dunha das celebracións típicas da nosa cultura galega, o magosto. Nesta cita xuntáronse os alumnos do noso centro, iso si, respectando as burbullas de nivel, para realizar a recollida do bullo co que facer a fogueira, xogos libres e populares e posteriormente a degustación das nosas castañas asadas, nas que debemos agradecer a inestimable axuda da ANPA do noso centro xa que foron elas as que nolas asaron. A volta ao colexio fixémola andando a través dos camiños que conectan o monte da nosa contorna coa nosa vila.  Con esta actividade pretendeuse  dinamizar o uso da lingua galega na infancia   a través do xogo e das iniciativas en equipo, promover as festas populares e poñer en valor a contorna natural. Aquí vos deixamos un vídeo recompilatorio. Grazas a todos!!!

Que chega o Samaín!!!!

 Un ano máis o CEP Altamira celebra esta festa chea de maxia e misterio, que entronca coa herencia céltica da nosa terra. A continuación presentámosvos algunhas propostas para celebralo, porque  é  tempo de coñecer  e gozar do  Samaín !!! Velaquí tedes un conto que narra a historia da nosa festa... Tamén temos unha canción que seguro vos gusta sobre esta noite tan terrorífica.....que está a punto de chegar.... Despois de tanto cantar e bailar, que mellor que escoitar un pequeno conto que seguro che encantará!!  E agora........a xogar!!!! 

Xa estamos aquí de novo!!!!

Benvidos a tod@s a un novo curso escolar e ao noso blog!!! Este blog de Dinamización Lingüística pretende ser unha fiestra aberta desde a que compartiremos actividades, experiencias, informacións... Tamén sistematizaremos diversos recursos na rede que podan axudar a aprender a nosa lingua aos que aínda non a coñezan ou tamén a resolver dúbidas, informarse de aspectos culturais, eventos, concursos... Benvid@s a tod@s!!!!

Semana da Prensa no CEP Altamira

 Co gallo da semana da prensa, no CEP Altamira, traballamos a prensa en galego, tanto dende a biblioteca como dende as titorías.Tivemos a nosa disposición todo tipo de prensa ca que os nosos nenos gozaron.