Saltar ao contido principal

Un magosto moi especial

  O pasado venres  e despois de estar agardando por este día dous anos, o alumnado de CEP Altamira participou dunha das celebracións típicas da nosa cultura galega, o magosto. Nesta cita xuntáronse os alumnos do noso centro, iso si, respectando as burbullas de nivel, para realizar a recollida do bullo co que facer a fogueira, xogos libres e populares e posteriormente a degustación das nosas castañas asadas, nas que debemos agradecer a inestimable axuda da ANPA do noso centro xa que foron elas as que nolas asaron. A volta ao colexio fixémola andando a través dos camiños que conectan o monte da nosa contorna coa nosa vila. 

Con esta actividade pretendeuse dinamizar o uso da lingua galega na infancia a través do xogo e das iniciativas en equipo, promover as festas populares e poñer en valor a contorna natural.

Aquí vos deixamos un vídeo recompilatorio. Grazas a todos!!!






Comentarios

Publicacións populares deste blog

MÁRTIRES DE SOBREDO!

Un ano máis, o alumnado do sexto nivel, o pasado venres 28 de novembro, co fin de coñecer e afondar sobre a historia da nosa contorna máis próxima, asistiron a unha charla impartida polo historiador e membro da Asociación de Estudos Agrarios "Mártires de Sobredo", Don Xosé Manuel Suárez Estévez e mais por Anxo López Méndez, membro da Xunta de Goberno do IEAMSO. Ademais estivo a disposición de toda a comunidade educativa unha exposición de paneis sobre Mártires de Sobredo na entrada do centro educativo.

Aquí temos as coplas de Entroido!!!!

 Xa temos as Coplas creadas polos alumnos de 5º e 6º nivel do noso centro. As gañadoras ademais realizaron un podcast e leeranas o día do desfile á entrada ao colexio.  Moitas gracias a todos os que participástedes!   E aquí podedes escoitar un podcast sobre o as coplas do Entroido no noso concello e como non as coplas gañadoras!! https://go.ivoox.com/rf/124311850