Saltar ao contido principal

Publicacións

Semana da Prensa no CEP Altamira

 Co gallo da semana da prensa, no CEP Altamira, traballamos a prensa en galego, tanto dende a biblioteca como dende as titorías.Tivemos a nosa disposición todo tipo de prensa ca que os nosos nenos gozaron.

8 de marzo

  O pasado 8 de marzo, coincidindo coa conmemoración recollida no calendario escolar adicado ó día da Muller Traballadora, de novo, a BIBLIOTECA e DINAMIZACIÓN da Lingua Galega organizamos para pór á disposición dos titores, unidades didácticas sobre mulleres traballadoras do mar, (redeiras, mariscadoras, ....) ou importantes investigadoras mariñas, quedando así relacionado co noso proxecto de centro, así como as mulleres no deporte, aportación do especialista de Educación física. Aquí tedes a entrada do noso centro  E aquí unha pequena mostra do traballo dos nen@s!!!

Gañadores do I Concurso " E por que non ....en galego?

 Aquí vos deixamos os gañadores do I concurso de  "E por que non.....en galego?" A verdade é que foi unha decisión moi difícil porque todas eran fermosas.   Moitas grazas a todos por participar!!!

Rosalía de Castro 24 de febreiro

  Hoxe é o día de Rosalía de Castro. Aquí tes un reto.... Canto sabes dela?  Pincha na imaxe e compróbao!!! Aquí deixamos unha pequena  mostra das actividades realizadas polos alumnos E así loce a entrada do noso centro!!!!

AS COPLAS DO ENTROIDO

 Este ano, e como xa é tradición no noso centro, o alumnado do 5º e 6º nivel animáronse a participar no concurso de coplas de Entroido. A continuación vos deixamos tan só unha pequena mostra de todas as coplas que foron recompiladas. Moitas grazas, rapaces!!!! Foron todas xeniais.  As gañadoras aparecerán na nosa revista escolar.