Saltar ao contido principal

8 de marzo

 O pasado 8 de marzo, coincidindo coa conmemoración recollida no calendario escolar adicado ó día da Muller Traballadora, de novo, a BIBLIOTECA e DINAMIZACIÓN da Lingua Galega organizamos para pór á disposición dos titores, unidades didácticas sobre mulleres traballadoras do mar, (redeiras, mariscadoras, ....) ou importantes investigadoras mariñas, quedando así relacionado co noso proxecto de centro, así como as mulleres no deporte, aportación do especialista de Educación física.


Aquí tedes a entrada do noso centro



 E aquí unha pequena mostra do traballo dos nen@s!!!






Comentarios

Publicacións populares deste blog

MÁRTIRES DE SOBREDO!

Un ano máis, o alumnado do sexto nivel, o pasado venres 28 de novembro, co fin de coñecer e afondar sobre a historia da nosa contorna máis próxima, asistiron a unha charla impartida polo historiador e membro da Asociación de Estudos Agrarios "Mártires de Sobredo", Don Xosé Manuel Suárez Estévez e mais por Anxo López Méndez, membro da Xunta de Goberno do IEAMSO. Ademais estivo a disposición de toda a comunidade educativa unha exposición de paneis sobre Mártires de Sobredo na entrada do centro educativo.

Aquí temos as coplas de Entroido!!!!

 Xa temos as Coplas creadas polos alumnos de 5º e 6º nivel do noso centro. As gañadoras ademais realizaron un podcast e leeranas o día do desfile á entrada ao colexio.  Moitas gracias a todos os que participástedes!   E aquí podedes escoitar un podcast sobre o as coplas do Entroido no noso concello e como non as coplas gañadoras!! https://go.ivoox.com/rf/124311850