Saltar ao contido principal

Publicacións

Chefs musicais do entroido!

As chefs e os chefs do Altamira aproveitaron o sol de febreiro para cociñar un entroido moi especial a ritmo de jota, muñeiras e verbas en graffiti!  Queres probar o ritmo do entroido coas nosas foliadas improvisadas?  Non o dubides e dalle ao play! 

Mandados de Sabidiña!

                               Chegou o Entroido, e Sabidiña mándanos vir como a ela lle peta. O luns para non levar ningún lamparón, tod@s con mandilón ! O martes para cociñar, un utensilio de pau has de utilizar! E o mércores serás unha verdadeir@ chef se un gorro de cociña tes! É acumulativo, así que non esquezas o dos días anteriores.

Día da Paz.

Para o vindeiro Día da Paz, todo o colexio imos bailar!!!  Aquí tedes a coreografía realizada pol@s compañeir@s do obradoiro de danza de 6º e tamén a letra para ensaiar na casa!   "Baile da Paz - Mamá Cabra"

O noso herbario

   No CEP Altamira fixemos un herbario coas plantas típicas do outono. Os alumn@s trouxeron da casa a súa planta e fixemos unha exposición onde podían admirar os traballos de todos os alumn@s.     Moitas grazas a todos os alumn@s que participaron, as familias deses alumn@s que axudaron, as diferentes comisións do CEP Altamira pola súa colaboración: Comisión de Actividades Complementarias e Extraescolares, Comisión de Dinamización Lingüística, Comisión de Biblioteca e Comisión de TIC.     Neste traballo, os alumnos recolleron a planta, secárona, e escribiron os usos ou datos curiosos de dita planta. Todo coa axuda dos seus familiares, amigos ou veciños.                            Moitas grazas a tod@s!