Saltar ao contido principal

SAMAÍN E EXPOSICIÓN DE FROITOS DO OUTONO NO ALTAMIRA!!

 A última semana de outubro, no CEP Altamira realizamos diferentes actividades para celebrar esta festividade tan ancestral do Samaín.

Durante esa semana, elaboramos un fermoso mural que se colocou na entrada do colexio, fixemos a nivel de aula varias manualidades terroríficas e o xoves viñemos disfrazados para celebrar o Samaín.

 Cabe destacar, que durante esa semana, tamén levamos a cabo  unha exposición de froitos do outono adaptadas ao proxecto do centro, "O universo". Esto foi posible grazas á colaboración, tanto das familias como do alumnado, que nas vosas casas elaborástedes unhas extraordinarias creacións con froitos típicos da estación relacionadas co PDI do centro.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!


        
                                                                                                 











Comentarios

Publicacións populares deste blog

MÁRTIRES DE SOBREDO!

Un ano máis, o alumnado do sexto nivel, o pasado venres 28 de novembro, co fin de coñecer e afondar sobre a historia da nosa contorna máis próxima, asistiron a unha charla impartida polo historiador e membro da Asociación de Estudos Agrarios "Mártires de Sobredo", Don Xosé Manuel Suárez Estévez e mais por Anxo López Méndez, membro da Xunta de Goberno do IEAMSO. Ademais estivo a disposición de toda a comunidade educativa unha exposición de paneis sobre Mártires de Sobredo na entrada do centro educativo.

Aquí temos as coplas de Entroido!!!!

 Xa temos as Coplas creadas polos alumnos de 5º e 6º nivel do noso centro. As gañadoras ademais realizaron un podcast e leeranas o día do desfile á entrada ao colexio.  Moitas gracias a todos os que participástedes!   E aquí podedes escoitar un podcast sobre o as coplas do Entroido no noso concello e como non as coplas gañadoras!! https://go.ivoox.com/rf/124311850