Saltar ao contido principal

GUASGALEGANDO

 

Neste mes o equipo de Dinamización da Lingua Galega, pon en marcha o espazo Guasgalegando. Unha nova canle de comunicación a disposición do alumnado a través do número 641.091.411 para enviar por  Whatsapp as respostas das propostas.

É unha actividade mensual dirixida a todo o alumnado. Dende o EDLG proponse un tema ou faise unha pregunta nunha mensaxe por Abalar. O alumno enviará a súas respostas a través de Whatsapp dos pais ou titores legais. O derradeiro día do mes, O EDLG resolverá o concurso e o gañador/a pintará a súa resposta no recreo  a modo de grafiti, nun taboleiro que  estará exposto ata o mes seguinte.

Animádeos a participar!!!!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

BENVIDOS A UN NOVO CURSO EN GALEGO!!!

  Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega dámosvos a benvida a este novo curso  escolar, 2025/2026, cheos de enerxía para fomentar o uso da nosa fermosa Lingua!! Cabe destacar, que neste 2026 o Día das Letras Galegas estará adicado á viguesa Begoña  Caamaño e, polo tanto, dende este Equipo traballaremos sobre dita homenaxeada  para pór en valor o seu legado como  periodista e  escritora en galego. Ademais, teremos concursos xa coñecidos por todos e todas vós e  tamén  iremos  incorporando  novas ideas que agardamos que vos gusten e vos animen a participar!!