Saltar ao contido principal

Calendario Decembro

Aquí podedes ver o calendario do mes de Decembro. Leva unha carta que escriben os Reis Magos aos nenxs do Altamira.
Podedes descargalo no seguinte enlace:
Calendario Decembro


CARTA DOS REIS MAGOS:

Queridas nenas e nenos:

Levamos moitos días de viaxe camiñando sobre o lombo do mundo. As nosas barbas e os nosos camelos pisaron terras de todos os tamaños e cores ata chegar onda vós. Traemos os sacos cargados con toneladas de bolboretas, vagalumes e fogos de artificio, porque queremos pintar esta noite de luz.

Existen cousas que tan só os máis cativos podedes comprender. Vós coñecedes os segredos mellor gardados durante milenios. Sabedes que a lúa é a boca do ceo, e que cando mingua pendurada alá, no máis alto, é para vestir o universo de sorrisos. Sabedes tamén que os motores dos coches fan tanto ruído para espantar as xoaniñas e non esmagalas coas rodas; que as estrelas son as luces da noite e visten a escuridade de festa; que os tellados son os tobogáns das gotas de chuvia, e que os contos que mamá e papá vos len antes de ir durmir son reais no País dos Soños.

No mundo que nos rodea, queridos nenos e nenas, nada é o que parece. As miradas dos máis pequenos son as únicas capaces de traspasar a aparencia das cousas. Por iso, os Reis Magos de Oriente desexamos que non deixedes xamais de soñar. Porque grazas á vosa felicidade a terra continúa xirando.

Que todos os fogares se enchan coa vosa luz!                                              

                                                                                           A vosa luz. Ledicia Costas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

BENVIDOS A UN NOVO CURSO EN GALEGO!!!

  Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega dámosvos a benvida a este novo curso  escolar, 2025/2026, cheos de enerxía para fomentar o uso da nosa fermosa Lingua!! Cabe destacar, que neste 2026 o Día das Letras Galegas estará adicado á viguesa Begoña  Caamaño e, polo tanto, dende este Equipo traballaremos sobre dita homenaxeada  para pór en valor o seu legado como  periodista e  escritora en galego. Ademais, teremos concursos xa coñecidos por todos e todas vós e  tamén  iremos  incorporando  novas ideas que agardamos que vos gusten e vos animen a participar!!