Saltar ao contido principal

Publicacións

Miña Rosalía

 Como cada 23 de febreiro celebramos  o día de Rosalía. Os nosos alumnos fixeron unidades didácticas sobre a autora, e fíxose un caligrama cuns versos da nosa poetisa máis coñecida. 

Xa temos gañadores!!!!

 Xa temos os gañadores do IVconcurso de Dinamización Lingüística E por que non ....En galego!!!  Este ano os gañadores son:     PARABÉNS!!!!!

Aquí temos as coplas de Entroido!!!!

 Xa temos as Coplas creadas polos alumnos de 5º e 6º nivel do noso centro. As gañadoras ademais realizaron un podcast e leeranas o día do desfile á entrada ao colexio.  Moitas gracias a todos os que participástedes!   E aquí podedes escoitar un podcast sobre o as coplas do Entroido no noso concello e como non as coplas gañadoras!! https://go.ivoox.com/rf/124311850

Xa temos gañadores do primeiro concurso deste ano de guasgalegando!!!!

Nesta ocasión a proposta era realizar una pócema para ser máis feliz no Altamira, e aquí temos algunhas delas: Moitas grazas por participar!!!  POCIÓN PARA SER FELIZ NO ALTAMIRA: Ás de bolboreta e cresta de galo, Trátame como quixeras ser tratado, Canto de gorrión e pelos de gato, Felices no Altamira seremos sen dudalo! NADIA MARTINEZ RODRIGUEZ - 3°D Para ser máis felices no Cep Altamira, botámoslle unha pizca de ilusión, mezclada cunhas migallas de ledicia e ducias e ducias de atención. HUGO  EZEQUIEL RODRÍGUEZ DE  LUIS de  5° A SABELA COMESAÑA COUÑAGO 6°D deixounos: Un pouco de lacón Escamas de dragón Un pouco de paixón cantando a nosa canción.  E así teremos nós moitas excursións en varias ocasións. Que os mestres sigan estas instruccións. UN POUCO DE TÁNCALA TÁNCALA.MOITO DE TÉNQUELE TÉNQUELE,CON UN POUCO DE MAXIA,FARÁS MOITA GRACIA.CON UN PLÍS E CON UN PLÁS FARÁS O QUE QUERRÁS. Xiana Álvarez Blanco.4B E aquí temos os finalistas!! E o gañador é Hugo!!! Parab...

Mártires de Sobredo

Un ano máis, o alumnado do sexto  nivel, co fin de coñecer máis sobre a historia da nosa contorna máis próxima,  asisitiron a un relatorio impartido polo historiador e membro da Asociación de Estudos Agrarios "Mártires de Sobredo", Don X. Manuel  Suárez Estévez. O alumnado achegouse a este feito histórico que se rememora en Sobredo de xeito anual, como unha referencia da loita e o esforzo colectivo.. Ademais estivo a disposición de toda a comunidade a exposición de paneis sobre Mártires de Sobredo na entrada do centro educativo. Agradecemos enomemente a realización deste relatorio a D X. Manuel  Suárez Estévez