Saltar ao contido principal

Publicacións

Xa temos gañadores do primeiro concurso deste ano de guasgalegando!!!!

Nesta ocasión a proposta era realizar una pócema para ser máis feliz no Altamira, e aquí temos algunhas delas: Moitas grazas por participar!!!  POCIÓN PARA SER FELIZ NO ALTAMIRA: Ás de bolboreta e cresta de galo, Trátame como quixeras ser tratado, Canto de gorrión e pelos de gato, Felices no Altamira seremos sen dudalo! NADIA MARTINEZ RODRIGUEZ - 3°D Para ser máis felices no Cep Altamira, botámoslle unha pizca de ilusión, mezclada cunhas migallas de ledicia e ducias e ducias de atención. HUGO  EZEQUIEL RODRÍGUEZ DE  LUIS de  5° A SABELA COMESAÑA COUÑAGO 6°D deixounos: Un pouco de lacón Escamas de dragón Un pouco de paixón cantando a nosa canción.  E así teremos nós moitas excursións en varias ocasións. Que os mestres sigan estas instruccións. UN POUCO DE TÁNCALA TÁNCALA.MOITO DE TÉNQUELE TÉNQUELE,CON UN POUCO DE MAXIA,FARÁS MOITA GRACIA.CON UN PLÍS E CON UN PLÁS FARÁS O QUE QUERRÁS. Xiana Álvarez Blanco.4B E aquí temos os finalistas!! E o gañador é Hugo!!! Parab...

Mártires de Sobredo

Un ano máis, o alumnado do sexto  nivel, co fin de coñecer máis sobre a historia da nosa contorna máis próxima,  asisitiron a un relatorio impartido polo historiador e membro da Asociación de Estudos Agrarios "Mártires de Sobredo", Don X. Manuel  Suárez Estévez. O alumnado achegouse a este feito histórico que se rememora en Sobredo de xeito anual, como unha referencia da loita e o esforzo colectivo.. Ademais estivo a disposición de toda a comunidade a exposición de paneis sobre Mártires de Sobredo na entrada do centro educativo. Agradecemos enomemente a realización deste relatorio a D X. Manuel  Suárez Estévez

Benvidos a un novo curso en Galego!!!

Este novo curso comezámolo, como non, e coma todos os anos, cheo de ilusión en galego! Continuaremos cos nosos concursos: os de guasgalegando , e por que non....en galego?, con novas creacións plásticas, coñecendo cultura da nosa contorna, participando con Asociacións da localidade, sendo protagonistas indiscutibles de actividades como o magosto, o samaín, o Nada, .... e estaremos, como non, presentes en todas as actividades complementarias realizadas no centro. Animámosvos a participara naquelas iniciativas que vos propoñamos ao longo dos próximos meses e desexamos que todas elas sexan ocasións para fortalecer e profundizar na nosa cultura.  Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega desexamos poder continuar facendo este camiño xuntos.  Moitas grazas de antemán!!!

Xa temos os gañadores do III Concurso e por que non ....en Galego!!!!!

Xa están aquí os gañadores. Nesta ocasión, debido a alta participación no concurso e a calidade dos traballos, tivemos que premiar outras seis que quedaron finalistas do concurso. Aquí están os gañadores!!!  PARABÉNS!!!!