Saltar ao contido principal

Publicacións

E chegou de novo o Samaín!!!!

  E chegou...... o Samaín o CEP Altmaira!!!!      Os alumnos do CEP Altamira realizamos diferentes actividades para celebrar esta festividade ancestral do Samaín.  O luns fixemos un intercambio de entradas, que foron decoradas polo alumnado, para poder disfrutar dunha sesión de cine con palomiñas e cine en galego, na semana do terror do CEP Altamira. Esta actividade levouse a cabo ao longo de toda a semana. O venres viñeron disfrazados para celebrar o Samaín,  ademáis de facer algunha que outra manualidade horripilante e finalmente degustaron unhas merendolas terroríficas que estaban boísimas!!!!! Aquí vos dixamos unha pequena mostra:                                                                                   ...

Resolución do V Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

 Temos unha boa nova!!!! Logo da correspondente deliberación do xurado do  5º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués acordaron outorgar os seguintes premios aos nosos alumnos : O segundo premio a Hanna Framiñán pola fotografía "Mulleres no lavadoiro do edificio da praza da abastos de Ourense" Un  accesit  a Elisa Almeida Mouteira pola fotografía "A Torre Eiffel e a emigración" Parabéns aos premiados!!!!

Volve o Guasgalegando !!!

 A proposta para este mes outubro e co gallo do día da infancia, a nosa proposta é a seguinte:

Palabras ao vento

  Os alumnos de 4º nivel gozaron cun obradoiro titulado "Palabras ao vento", onde o alumnado realizou un papaventos ao que lle engadimos aquelas palabras galegas que máis nos gustan do noso idioma e fixéronnas voar.  Aquí vos deixamos todo o que fixemos

Arrincamos!!!!

Comezamos un novo curso cheo de espectativas e ilusión. Comezamos con enerxías renovadas e con moita ilusión para afrontar novos retos e continuar traballando naqueles proxectos que xa comezamos, sempre ca confianza de que  para os alumnos serán a oportunidade de que os axude a crecer a madurar e formar, sempre en Galego!!! Animámosvos a participara naquelas iniciativas que vos propoñamos ao longo dos próximos meses e desexamos que todas elas sexan ocasións para fortalecer e profundizar na nosa cultura.  Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega desexamos poder continuar facendo este camiño xuntos.  Moitas grazas de antemán!!!

Letras Galegas 2022: Florencio M. Delgado Gurriarán en liña

Aquí vos deixamos diferentes xogos para coñecer a obra e vida do escritor homenaxeado nas letras galegas deste ano, Florencio M. Gurriarán Dálle á ruleta Un xogo para coñecer a vida e obra de Florencio Delgado. Pincha na imaxe   Que sabes de Florencio M. Delgado? Dálle ao rosco Coñecendo a Florencio M Delgado Gurriarán 1. Ao premer sobre a imaxe de Florencio, abrirase unha nova lapela. Entraredes como convidados, e escollerase a modalidade do xogo, creade un pin e copiádeo.  MOI IMPORTANTE: Non se deberá pechar esta lapela, xa que é onde se controla todo o xogo. Recoméndase activar a opción de mostrar as preguntas e respostas para as persoas participantes na configuración. 2. Abride a aplicación nos dispositivos que vaiades a empregar para xogar ou noutra lapala do voso navegador. Premede aquí 3. Pegade ou escribide o pin que se creou e premede en ingresar. Escollede un nome para xogar. 4. Despois volvede á primeira lapela e comprobade que aparece o nome que escollestes e come...